druso -sa
(< ár duruz)
-
adx
Relativo ou pertencente aos drusos.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo da seita islámica drusa.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Secta musulmá disidente dos ismailís que xurdiu en 1017, vinculada coa rama xiíta de Iraq, á que pertencía a dinastía fatimí de Exipto. Os califas fatimís subliñaron o papel do imán, ata o punto de considerarse signos fulxentes de Allah e o Califa al-Hākim Bi-Amr Allah (996-1020) presentouse como a encarnación da divindade (deixou medrar os cabelos, vestiu un hábito de la e mostrouse publicamente cabalgando nun asno). Así naceu o drusismo. Despois da desaparición de Al-Hākim (1021), o movemento expandiuse e foi sistematizado por Hamza ibn Ati. Esta seita tomou a súa denominación popular do último elemento do antropónimo Muḥammad ibn Ismā’īl a-Darazī, un dos fundadores dos drusos e familiar de Al-Hākim. A súa doutrina é moi complexa e segue un sistema de admisión por iniciación que divide os crentes en dúas categorías uqqal, ou iniciados no misterio, e juhhal, ou ignorantes. Entre as súas crenzas inclúese a metempsicose. Concéntranse no Líbano, Siria e Israel, en vilas e aldeas que se agrupan nas ladeiras das montañas, formadas por casas cúbicas con terrazas. Practican a axuda mutua entre os seus membros e constitúen un grupo pechado que difunde o proselitismo. A diferenza dos musulmáns, só poden ter unha muller e non poden casar con mulleres doutra raza. O home ten dereitos absolutos sobre a muller e pode repudiala cunha soa frase. Chámanse a si mesmos monoteístas.