Dryopithecus
Dryopithecus
[PALEONT]
Xénero de simios de ata 60 cm de lonxitude, co cranio con crista saxital reducida. Gabeador e arborícola, no chan desprazábase principalmente a catro patas, e apoiábase nos nocellos das mans, aínda que eventualmente adquiría a posición bípeda. Eran principalmente animais frutívoros. Os xacementos máis antigos están no leste de África, dende onde emigrou ata Europa e Asia. Propios do Mioceno, os xacementos máis importantes están en Francia, Grecia, o Cáucaso e Kenya.