2 ducado
(
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de prata cuñada por Roxelio II de Sicilia a partir do 1140, coa imaxe de Cristo acompañada da inscrición latina SIT TIBI CHRISTE DATUS QVEM TV REGIS ISTE DVCATVS (‘séache dado, Señor, este ducado que rexes’).
-
s
m
[NUMIS]
Moeda veneciana de ouro de lei 22 3/4 quilates e un peso de 3,5 g creada no 1284. Inicialmente, compartiu a primacía no mercado co florín de Florencia e, posteriormente, co cruzado portugués. Non obstante , a finais do s XV impúxose como divisa internacional.
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de ouro cuñada en diferentes estados como imitación do ducado veneciano. Na Coroa de Aragón cuñouse por primeira vez no reinado de Xoán II de Aragón, pouco antes do 1477, e de lei 23 3?4 quilates e 3,54 g de peso. Con Fernando o Católico toda a coroa adoptou o ducado. Este denominouse principat en Catalunya, real d’or en Mallorca, excellent en València e ferrandí en Aragón. Todas estas moedas tiñan o mesmo patrón e valor de cambio. Introduciuse na Coroa de Castela pola pragmática de Medina del Campo (1497) cun peso de 3,60 g, e recibiu tamén o nome de excelente de la granada (por aparecer este símbolo no escudo heráldico). Foi progresivamente substituído polo escudo de lei máis baixo (22 quilates) desde 1528. Carlos I cuñou o dobre ducado de 7 g e o florín, ou medio ducado. En 1528, cuñouse en Zaragoza a peza de 100 ducados, de 350 g e 81 mm de diámetro. Serviu como unidade de conta durante os ss XVI-XVII cun valor de 11 reais casteláns ou 375 marabedís.