Ducas
Liñaxe feudal do Imperio Bizantino documentada dende o s IX, cando Constantino Ducas , funcionario destacado na corte, morreu despois de tentar apoderarse do trono (913). Entre os seus descendentes figura Andrónico Ducas , pai do Emperador Constantino X Ducas (1059-1067) e de Xoán Ducas , que foi nomeado césar polo seu irmán e conselleiro do seu sobriño Miguel VII Ducas (1071-1078), contra o que se rebelou no 1073. O seu fillo, Constantino Ducas , estivo asociado ao trono co seu pai (1074-1078). Trala morte do seu pai, o seu padrasto Nicéforo III Botoniatos recluíno nun mosteiro ata que o Emperador Aleixo I Comneno o liberou e asociou ao trono (1081-1090). O prestixio da liñaxe fixo que algúns emperadores bizantinos adoptasen como apelido Ducas, como Alexis V Ducas e Xoán III Ducas Vatatzes.