dutus*

dutus*
  1. s m [LIT]

    Parte da dispositio externa dunha obra na que se relaciona o contido explícito do texto coa intención ou mensaxe subxacente, chamada consilium. Existen dúas modalidades: o ductus simplex, no que coinciden o tema e o consilium da obra, que se dá cando o orador expresa exactamente os seus pensamentos; e o dutus complexo, que comprende tres tipos (subtilis, figuratus e obliquus), no que se evidencia unha distancia entre o discurso literal e a mensaxe que se quere comunicar. O ductus complexo emprega recursos como a ironía, a énfase, a hipérbole, a perífrase ou a analoxía para incrementar o grao de complexidade do discurso.

  2. s m [PALEOG]

    Orde de execución dos trazos dunha letra e sentido segundo o que se executou.

  3. [ANAT]
    1. s m

      Nome que se lles dá a algúns condutos do organismo animal.

    2. ductus arterioso

      Comunicación entre a arteria pulmonar e a aorta nos fetos dos mamíferos que evita que o sangue pase a través dos pulmóns aínda inactivos.

    3. ductus venoso

      Comunicación entre a vea umbilical e a vea cava inferior nos fetos dos mamíferos. Funciona como curtocircuíto para a mestura do sangue osixenado procedente da placenta co sangue pouco osixenado da parte inferior do corpo evitando o parénquima hepático.