duración
duración
s
f
dura.
Refráns
- Coida ben o teu saio que, inda que estea vello, durarache outro ano.
- Home atrevido, pelexo de bo viño e vaso de bo vidro duran pouquiño.
- Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura nunca moito dura.
- Non dura unha misa máis có que quere o crego.
- O pouco moito durou e o moito logo se acabou.
- O vento e a ventura pouco dura.
- Odre de bo viño dura pouquiño.
- Odre de bo viño, cabalo saltador e borne rifador nunca dura moito co seu señor.
- Paxe que moito refregan e borne que moito se cura, pouco duran.
- Paxelo que moito se lava e borne que moito se cura, pouco dura.
- Sol que moito madura, pouco dura.
- Vento e ventura moito non duran.
- Zapato burgués e besta de andadura pouco dura.
- Zapato ¿canto me duras? -Canto ti me untas.