Durazno

Durazno

Departamento de Uruguay, atravesado polo río Yi (11.643 km2; 56.986 h [1996]). A capital é Durazno (27.602 h [1985]). As principais fontes económicas son a gandería ovina e a industria relacionada con produtos lácteos e cárnicos. As cidades máis destacadas son Carmen e Sarandi.