dyirbal

dyirbal
s m [LING]

Lingua pertencente á familia lingüística pama-nyungana do phylum australiano que se fala en Australia. Na súa morfoloxía nominal cómpre destacar o sistema ergativo, combinado cun sistema acusativo nos pronomes persoais, e un sistema de catro clases nominais (xéneros).