EAM
EAM
Fronte Nacional de Liberación creada en 1941 como unha organización de resistencia grega contra os italianos e os alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. De tendencia marxista, as súas organizacións armadas tomaron o nome de Exército Nacional Popular de Liberación (ELAS). Oposta á restauración monárquica, interveu na Guerra Civil (1945-1949).