eclosión
eclosión
(< fr éclosion)
-
s
f
[ZOOL]
Fenómeno que comprende a rotura e a saída do ovo dun animal en estado larvario ou xa ben desenvolvido.
-
s
f
[ENTOM]
Rotura e saída do casulo dun adulto trala metamorfose.
-
s
f
[BOT]
Acción de abrirse o gromo ou a flor dunha planta.
Ex: O tempo cálido fixo que se producise unha eclosión de flores.
-
s
f
Manifestación súbita de algo inesperado ou novidoso.
Ex: Nesta década produciuse unha eclosión de manifestacións pacifistas.