Eco de las Mariñas, El

Eco de las Mariñas, El
[PUBLIC]

Quincenario editado en Betanzos entre o 13 de febreiro e o 1 de novembro de 1956. Subtitulouse “Revista quincenal de la ciudad de Betanzos de los Caballeros” e tirou do prelo dezaoito números. Dirixido por Antonio Concheiro Caamaño, contou coas colaboracións de Ramón Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell, Francisco Vales Villamarín, Baldomero Cores Trasmonte, Ramón Piñeiro, Xosé L. Franco Grande e Xosé Veiga Roel, entre outros. Incluíu artigos de temas médicos, xurídicos, deportivos e históricos, textos literarios en galego e novas locais. En agosto de 1956 editou un número especial con motivo das festas patronais.