ecocardiografía
ecocardiografía
(< 2 eco- + cardiografía)
s
f
[MED]
Técnica de observación da posición, a constitución e as funcións das cavidades cardíacas e das válvulas, por medio da ecografía. Emprégase principalmente para a diagnose de valvulopatías, tromboses intracardíacas, defectos do tabique, estado funcional do miocardio e patoloxía pericárdica.