ecografía
(< 2 eco- + -grafía)
-
s
f
[MED]
Técnica que permite a exploración interna dun corpo mediante a emisión de ondas acústicas ou electromagnéticas emitidas por un transdutor, que se propagan polo medio (órgano ou tecido) que se quere estudiar, e a súa recepción unha vez reflectidas polo mesmo. As ondas reflectidas pódense procesar para xerar unha imaxe na pantalla dun monitor. No 98% dos casos pódese diferenciar o compoñente líquido, sólido ou mixto, dunha masa. Desta maneira, se se coñece previamente o patrón ecográfico de cada órgano, pódense distinguir as variacións patolóxicas e obter, por unha banda información anatómica das estruturas que o envolven, e por outra, un rexistro gráfico unha vez que se amplifican e se filtran as ondas ultrasónicas. A ecografía é unha técnica moi empregada en medicina para a detección dos latidos do corazón do feto no útero materno e tamén en oftalmoloxía, aínda que tamén se pode empregar noutros medios que permitan a propagación das ondas. Presenta como vantaxes principais o baixo custo e a inocuidade, ademais permite realizar puncións baixo control directo nunha estrutura xa identificada.
-
s
f
[MED]
Imaxe bidimensional que resulta dunha exploración ecográfica.