Economist, The
Revista británica semanal de actualidade económica fundada en Londres por James Wilson no ano 1843. O grupo propietario do Financial Times adquiriu a metade das accións en 1928. Ademais de incluír artigos de alcance internacional, estudia, analiza e comenta os acontecementos relacionados coa política mundial, o mundo da economía, os negocios e as finanzas. Os seus contidos están relacionados con temas de interese dos países que conforman a Unión Europea, América e o resto de Europa, como política internacional, negocios, ciencia e tecnoloxía, libros, cultura e arte. Pola súa parte, analiza e critica aspectos relacionados co Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional; ademais, unha vez ao mes, inclúe un monográfico dedicado a un país, un mercado ou unha industria concreta.