ectocarpal
ectocarpal
(
-
adx
Relativo ou pertencente ás ectocarpais.
-
s
f
[PROTISTA]
Alga da orde das ectocarpais.
-
s
f pl
[PROTISTA]
Orde de algas, da clase das feófitas, caracterizadas por conservar modelos estruturais antigos, co talo pouco especializado e formado por filamentos uniseriados ramificados, de crecemento difuso, que constitúe un penacho filamentoso ou cotras postradas que non superan os 25 cm de lonxitude. O ciclo vital alterna xeracións isomórficas, aínda que nalgúns casos existen lixeiras variacións, entre ambas as xeracións, en canto ao tamaño. Os xéneros máis comúns son: Ectocarpus, Giffordia, Pilayella e Ralfsia.