ectosoma

ectosoma

(< ecto- + soma)

s m [BIOL]

Formación do citoplasma que se dá nos primeiros estadios de segmentación do cigoto dalgúns crustáceos, como os do xénero Cyclops, e tamén nalgúns insectos. Pénsase que a súa función ten relación coa diferenciación xerminal.