edema

edema

(

s m [PAT]

Acumulación excesiva de líquido seroso, que provén do sangue, nos tecidos ou nos espacios intersticiais. Débese a diferentes causas, como un aumento excesivo da permeabilidade capilar, unha insuficiencia cardíaca, unha diminución de proteínas, unha obstrución das vías venosas ou linfáticas, unha alteración dos mecanismos de transporte dos fluídos ou un efecto colateral de certas drogas. Existen distintos tipos de edemas, como o edema cardíaco, producido por unha insuficiencia cardíaca que provoca un aumento da presión venosa de retorno; o edema de causa hepática, a consecuencia dunha diminución de histamina no plasma; o edema renal, producido por un aumento na retención de sal e auga e a perda de proteínas nos ouriños; o edema idiopático, que se produce nas mulleres durante o período premenstrual debido a causas hormonais; e o edema pulmonar, provocado pola inundación do tecido pulmonar, patoloxía que pode provocar a morte e que se caracteriza por unha expectoración dun líquido de coloración rosada e diminución da tensión sanguínea. En estados de desnutrición prodúcense edemas polo aumento da permeabilidade capilar e da diminución dos niveis proteicos.