Edmundo/Edmunda
Edmundo/Edmunda
[ONOM]
Nome procedente do inglés Edmund, e este do anglosaxón Eadmund, composto de éad ‘riqueza, felicidade’ e mund ‘protección’. Como hipocorístico presenta a forma Mundo. Levaron este nome varios reis de Wessex dos séculos X e XI; entre os santos, cómpre salientar o último rei da Anglia do Leste (841-870) e o arcebispo de Canterbury (1175-1240). A súa festa celébrase o 16 de novembro.