Edreiras, pazo das
Edreiras, pazo das
Construción situada en Santiago de Loroño (Zas). Pertenceu aos Bermúdez Araujo e Rodríguez de Leis. Ten planta rectangular cun corpo de maior altura, a torre, cuberta a catro augas, e cun menor con cuberta a dúas augas. Pegada á torre sitúase a capela de planta rectangular. Na parte posterior conserva a solaina á que se accede por unha escaleira situada no centro do corpo. Posúe hórreo e pombal.