Dimetes
Dimetes
[MIT]
Personaxe mitolóxico, irmán de Trecén. Casou coa súa sobriña Evopis, aínda que esta estaba realmente namorada do seu propio irmán. Cando Dimetes se decatou, reveloulle o segredo a Trecén; Evopis, avergonzada, aforcouse botando maldicións contra Dimetes. Posteriormente, este localizaría o cadáver dunha fermosa muller e uniuse a ela, pero o corpo descompúxose ao instante. Dimetes, daquela, preso da dor, cravouse unha espada.