dimetoato
dimetoato
Nome científico:
[Ditiofosfatode O,O-dimetilo e de S-(N-metilcarbamoil) metilo:C<sub> 5</sub> H<sub> 12</sub> NO<sub> 3</sub> PS<sub> 2</sub> ]
s
m
[QUÍM/AGR]
Composto químico organofosforado que actúa como insecticida e acaricida sistémico, por inxestión e contacto. Presenta unha longa persistencia e un amplo campo de actividade. Está autorizado nas amendoeiras, nos cítricos, na oliveira e nas plantas ornamentais. Catalogada como de alta toxicidade para as abellas, a súa aplicación está limitada durante a época de florecemento de frutais.