Documenta

Documenta

Exposición artística que se celebra en Kassel (Alemaña) con carácter non comercial, e que se configurou como a gran plataforma de proxección das correntes máis novas da arte contemporánea. Naceu en 1955 no momento de recuperación e integración cultural de Alemaña baixo a iniciativa de Arnold Bold, pintor e profesor na academia de Kassel, e Werner Haftmann, historiador e teórico da arte. Ademais da mostra de 1955, Bode dirixiu as de 1959 e 1964, e en 1968 encargou a dirección da sección de pintura a Jan Lemming. Os directores posteriores foron Harald Szeemann (1972), Manfred Schneckenburger (1977 e 1987), Rudi Fuchs (1982), Jan Hoet (1992), Catherine David (1997) e Okwui Enwezor (2002).