Eduardo Blanco Amor, Premio de Novela Longa

Eduardo Blanco Amor, Premio de Novela Longa
[LIT]

Premio literario creado por iniciativa do concello de Redondela en 1981. Está promovido e financiado por un conxunto de concellos que cada ano se van sumando á convocatoria e que achegan unha parte proporcional do premio en metálico que se lle entrega ao gañador. Cada ano organízao un dos concellos, que se encarga así mesmo da entrega do premio e de difundir ese ano a obra de Eduardo Blanco Amor nunha semana dedicada ao autor. A primeira edición celebrouse en Redondela. As obras presentadas deben ser inéditas e o galardón entrégase no mes de decembro, nun acto que, ademais, acolle o sorteo do concello que organizará a edición seguinte.