efémero -ra

efémero -ra

(< gr ἐϕήμερος ‘dun día’)

  1. adx

    Que dura só un día.

  2. adx

    Que dura pouco tempo.

    Ex: A felicidade da vitoria foi efémera.

    Sinónimos: breve, fugaz.
  3. adx [BOT]

    Aplícase ás flores que abren só unha vez e murchan en seguida.

  4. adx [ECOL]

    Aplícase ás comunidades de terófitos que se desenvolven en moi pouco tempo, como algunhas plantas dos desertos ou dos leitos fluviais.

  5. adx [BIOL]

    Aplícase ao organismo que completa o seu ciclo vital en moi pouco tempo.

  6. arquitectura efémera [ARQUIT]

    Estrutura arquitectónica de carácter temporal erixida con motivo dunha celebración, festividade ou triunfo, tanto relixioso como laico. Caracterizábanse pola súa escenografía teatral e pola fantasía dos seus elementos. A súa orixe está nos primitivos arcos de triunfo de madeira realizados en Roma. En España, fixéronse, por exemplo, nas entradas triunfais dos monarcas nas cidades logo da súa coroación, con motivo do falecemento do monarca, como é o caso do túmulo erixido en Barcelona trala morte de Carlos II, ou por calquera outro motivo, como as realizadas polo casamento de Carlos I con Isabel de Portugal en Sevilla (1256). No apartado relixioso, destacan a creación dos Monumentos de Semana Santa que podían montarse e desmontarse para o seu emprego. Nalgunhas ocasións, os monumentos que se erixían para unha celebración daban lugar á creación dunha construción perpetua, entre outros cómpre destacar o arco de Santa María en Burgos, erixido con motivo da visita de Carlos I en 1536. Durante o Barroco acadouse un dos momentos de maior esplendor e a obra efémera estendeuse á decoración de edificios xa existentes, como as decoracións da Giralda de Sevilla con motivo da canonización do Rei Fernando III. A celebración das festas do Apóstolo en Santiago de Compostela tamén supuxo un motivo para a creación de estruturas efémeras que cubrían a fachada da catedral para a súa posterior queima.

Palabras veciñas

efélide | efémera | efeméride | efémero -ra | efemerófito | efemeróptero -ra | efeminado -da