eficacia

eficacia

(

  1. s f

    Calidade de eficaz.

    Ex: A eficacia do medicamento está demostrada. A súa eficacia deixounos abraiados.

  2. eficacia biolóxica [XEN]

    Grao de adaptación dun organismo ao medio onde vive, adquirido ao longo da súa evolución, feito que lle permite aproveitar ao máximo os recursos dos que dispón. Unha medida de eficacia biolóxica dunha especie é o número de fillos que chegan a ter descendencia. Supón, xa que logo, a capacidade dun individuo de sobrevivir ata transmitir os seus xenes á seguinte xeración. Úsase tamén o termo eficiencia biolóxica ou adecuación.

  3. eficacia biolóxica relativa [BIOL]

    Relación entre a dose dunha radiación de referencia e a dose da radiación considerada, que produce o mesmo efecto biolóxico.

  4. eficacia dun inhibidor [IND]

    Redución en tanto por cento da velocidade de corrosión dun metal nun medio corrosivo en presenza dun inhibidor.

  5. eficacia luminosa [FÍS]

    Cociente, nunha radiación, entre o fluxo luminoso e o fluxo enerxético radiante. No caso dunha fonte luminosa é o cociente entre o fluxo luminoso total e a potencia consumida. A unidade no SI é o lumen por watt (lm/W).

  6. eficacia luminosa relativa [FISIOL]

    Cociente, para unha radiación monocromática, entre o fluxo enerxético correspondente á radiación de máxima eficacia e o da radiación considerada nun caso particular, de maneira que nos dous casos haberá máis sensacións luminosas da mesma intensidade. A eficacia luminosa relativa varía segundo a lonxitude de onda e as condicións de visión, e tamén en cada individuo; por isto a CIE (Comisión Internacional para a Iluminación) normalizou unhas curvas para un ollo medio e cunhas condicións normais de luz (visión fotópica), ou ben con pouca luz (visión escotópica).

Refráns

  • Chegar e bicar é moito alcanzar.
  • Dando na cabeza dáse en todo o corpo.
  • Golpe dado non se quita.
  • Máis fai o querer có poder.
  • Máis quero burro que me leve, que cabalo que me deixe.
  • Non hai mellor rede cá que colle o peixe.
  • O sal, canto salga, tanto val.
  • Un soilo golpe mata un home.
  • ¡Benia o testo que sabe tapar a ola!
  • ¡Benia o testo que tapa ben o pote!

Palabras veciñas

Effner, Joseph | Effon-Alaiye | Efialtes | eficacia | eficaz | eficiencia | eficiente