egagrópila

egagrópila

(< gr αἴ αἰγός ‘cabra’ + gr ἄγριος ‘salvaxe’ + lat pilu‘pelo’)

s f [ORNIT]

Regurxitación que expulsan algunhas aves depredadoras formada polos restos non dixeridos das súas presas. Cando unha ave, por exemplo unha curuxa, un azor ou unha gaivota, inxire unha presa, esta primeiro pasa ao estómago -onde se extraen dela os nutrientes-, despois chega á moella, que se encarga de seleccionar os elementos que non son útiles (ósos, poutas, plumas, pelos ou restos do exoesqueleto) cos que conforma a egagrópila, que retorna entón ao estómago, almacénase alí un tempo, e antes de que o animal volva comer expulsa estes restos pola boca. Tamén se denominan pelotas.

Palabras veciñas

efusor | Ega | Egadi | egagrópila | Egan | Egaña Fabres, Mariano | Egaña Risco, Juan