egocentrismo

egocentrismo

(< 1 ego- +centrismo)

  1. s m

    Calidade de egocéntrico.

  2. s m [PSIC]

    Actitude psicolóxica que leva a constituírse, un mesmo, no centro do universo e a considerar as cousas en tanto que son dalgunha utilidade propia. O individuo é incapaz de se poñer no lugar do outro para considerar desde alí os fenómenos. O egocentrismo, normal en nenos de catro a seis anos, no adulto chega a ser propio dos débiles e dos que presentan atrasos afectivos.

Palabras veciñas

Egoa | Egoada | egocéntrico -ca | egocentrismo | egocentrista | Egoeira | Egoeiro