eidética

eidética

(

s f [FILOS]

Imaxe das cousas, cando se contemplan no seu carácter ideal, que reflicte a súa esencia, segundo a filosofía de Platón, que para Aristóteles designou a forma. Na Idade Contemporánea, E. Hussler definiu un proceso para acadar a intuición das esencias ou intuición eidética, mediante a redución fenomenolóxica ou eidética a partir dun caso, despois de separar todo o que non vén dado dun xeito inmediato, senón que é unha achega do suxeito (como as convicións ou os datos da percepción). Trátase da redución dos datos particulares para conservar só a súa esencia e acadar o coñecemento que se fai evidente trala redución fenomenolóxica.