Eimer, casa-torre de
Eimer, casa-torre de
Construción situada en San Fiz de Rubián (Bóveda). Ata o s XVIII pertenceu os López de Castroagudín. Na súa orixe tivo torre, solaina e capela. No s XVII houbo intentos de recuperar a torre, pero só se conservou un escudo na súa fachada coas armas dos Armesto, Losada, Quiroga, Sarmiento e Somoza.