Eiriz
Eiriz
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Chantada. As súas armas traen, en campo de sinople, tres bandas de ouro, brochante sobre el todo unha cruz floreteada de goles. Outra variante leva, en campo de sinople, tres faixas de ouro e brochante sobre el todo unha cruz flordelisada de goles.