Elaphomyces

Elaphomyces
[FUNGO]

Xénero de fungos micorrízicos de carpóforos globosos ou ovoides, de ata 40 mm de diámetro, de superficie externa de cor acastañada, con pequenos gránulos ás veces piramidais. A gleba é de cor negra violácea e na madurez do cogomelo vólvese pulverulenta. En Galicia está presente a especie E. granulatus.

Palabras veciñas

Elanus | elanzado -da | Elaphe | Elaphomyces | Elaphurus | elápido -da | Elara