electreto
electreto
(< ingl electret)
-
s
m
[FÍS]
Peza de material dieléctrico que ten unha polarización eléctrica permanente. É, xa que logo, un elemento eléctrico análogo a un imán permanente. Polo xeral, obtense solidificando mesturas de certas ceras orgánicas mediante a acción dun campo eléctrico.
-
s
m
[TECNOL]
Micrófono de condensador, de pequenas dimensións, constituído por un diafragma formado por unha lámina de plástico na que se dispuxo unha capa de ouro ou aluminio. Como consecuencia do seu pequeno tamaño, aproximadamente duns 6´6 mm, os electretos teñen distintas aplicacións, e empréganse para magnetófonos e aparatos para xordos.