electrochoque
electrochoque
(
s
m
[MED]
Tratamento mediante descargas eléctricas que provoca no paciente crises convulsivas epileptiformes. Segundo o aparello utilizado, varían a intensidade, a voltaxe e o tempo de paso da corrente. Os electrodos, impregnados de auga salgada, colócanse nas rexións frontoparietais. Indicado en estados depresivos, cadros delirantes, esquizofrenia e, excepcionalmente, en estados maníacos; caeu en desuso polos seus efectos comatosos e convulsivos.