electroerosión
(
Técnica que emprega a industria para poder mecanizar con gran precisión todo tipo de materiais que sexan condutores (metais, aliaxes, grafito, cerámicas, etc), independentemente da súa dureza. No proceso de electroerosión arríncase material por medio dunha serie sucesiva de descargas eléctricas, separadas unhas das outras un certo tempo, que saltan entre dous polos, un constituído polo electrodo ou a ferramenta de traballo, e outro pola peza que se mecaniza. As descargas créanse por xeradores de impulsos eléctricos. O mecanizado por electroerosión efectúase, xa que logo, mediante o salto de chispas eléctricas entre dous electrodos que se someten a unha determinada tensión eléctrica e son somerxidos nun líquido illante (líquido dieléctrico). Ao estaren os dous electrodos nun medio dieléctrico ou illante, a tensión que se lles aplique a ambos ten que ser suficiente como para chegar a crear un campo eléctrico maior ca a rixidez dieléctrica do líquido.