electrometalurxia

electrometalurxia

(

s f [IND]

Conxunto dos procedementos metalúrxicos que empregan enerxía eléctrica, tanto por acción térmica coma electrolítica, para a extracción, a elaboración, a afinación e os tratamentos térmicos especiais dos metais e das súas aliaxes. En siderurxia, empréganse estes procedementos para a obtención de ferroaliaxes, de aceiros especiais ou normais, e para a fabricación de fundición. Os sistemas de transformación de enerxía eléctrica en térmica fundaméntanse na indución, na acción dun arco eléctrico que se fai saltar entre uns electrodos ou na resistencia eléctrica que presenta o material ao paso dunha corrente eléctrica. Os procedementos electrolíticos empréganse na afinación de metais en bruto ou para a obtención de metais por precipitación de solucións dos seus sales.