electroscopio
electroscopio
(
s
m
[TECNOL]
Instrumento para constatar a presenza de electricidade estática nun corpo e determinar, ademais, o signo da electricidade. O máis sinxelo é o electroscopio de follas, formado por dúas láminas moi delgadas de ouro ou de aluminio suspendidas e fixadas nunha peza metálica rematada nunha bóla. Ao achegarlle un corpo electrizado a esta bóla, as láminas sepáranse.