electroterapia

electroterapia

(

s f [MED]

Uso terapeútico da electricidade. Son numerosos os efectos beneficiosos que pode ter a aplicación de correntes eléctricas de todo tipo, as correntes continuas permiten introducir ións no organismo (ionoterapia) e diminuír a excitabilidade nerviosa, as correntes de alta frecuencia e os ultrasóns producen efectos sedantes, os xeradores de alta frecuencia dan calor intratisular, a electrólise por galvanocauterio e a electrocoagulación teñen efectos destrutivos, e os electrochoques, a galvanización e a faradización teñen efectos excitocondutores.