Eleocharis

Eleocharis
[PLANTA]

Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, de follas reducidas a vaíñas, con máis de tres flores hermafroditas nunhas espiguiñas que presentan escamas dispostas helicoidalmente e aparecen nunha inflorescencia terminal formada por unha única espiga. O froito é unha núcula que porta un apéndice apical cónico ou mameliforme ben diferenciado. En Galicia están presentes as seguintes especies: E. acicularis, propia de augas pouco profundas ou áreas temporalmente asolagadas; E. bonariensis, naturalizada; E. multicaulis, que se encontra en brañas, pastos e uceiras; E. palustris, en prados húmidos e pantanos; E. parvula, en lameiras salinas do litoral e lagoas salgadas, e E. quinqueflora, en solos húmidos.

Palabras veciñas

Elena | elenco | eleo- | Eleocharis | eleolita | eleómetro | Eleonor