Elías Piña

Elías Piña

Provincia da República Dominicana, no extremo occidental do país (1.426 km2; 64.641 h [1993]). A súa capital é Elías Piña (23.000 h [1975]). As principais actividades económicas son a gandería (caprino) e a explotación forestal. Tamén é importante na súa economía a agricultura, sobre todo os cultivos de café, de cana de azucre, de algodón e millo.