ELISA

ELISA
[BIOQ]

Técnica inmunoenzimática moi sensible, empregada para detectar e determinar a cantidade de proteínas ou outros antíxenos nunha mostra problema, mediante un anticorpo unido a un enzima que determina un cambio de cor que pode ser medido fotometricamente. Consiste en adherir o anticorpo do antíxeno que se quere detectar sobre un substrato sólido, aplicarlle a solución que se quere estudiar, facer reaccionar o complexo antíxeno-anticorpo, formado cun segundo anticorpo específico para a proteína que leva unido un enzima, eliminar o exceso de anticorpo con enzima unido mediante lavado, e valorar o complexo anticorpo-proteína-anticorpo-enzima mediante o cambio detectable producido no medio polo enzima. Esta técnica é moi empregada tanto no laboratorio como en aplicacións clínicas.

Palabras veciñas

eliptocito | eliptocitose | Elisa | ELISA | Elisabethville | Elisardo | Eliseo