elite

elite

(< fr élite)

s f

Grupo de persoas escollidas, pola súa pertenza a unha clase social alta ou por destacar nunha actividade determinada. A aristocracia foi desde a Antigüidade unha clase social considerada elite, polo seu rango familiar ou pola súa situación de poder. Hai tamén unha elite integrada por persoas que, sen poder político, destacan pola súa competencia no eido industrial, comercial, intelectual ou artístico. O sociólogo italiano Vilfredo Pareto foi o primeiro en darlles ás elites un estatuto sociolóxico, e denominou circulación de elites ao proceso de substitución dunhas elites por outras.