Eliza

Eliza
[INFORM]

Experimento de intelixencia artificial que consistía nunha aplicación informática que simulaba actuar como un especialista en psicoloxía. Presentouno o profesor Joseph Weizenbaum, do Massachusetts Institute of Technology, en 1966, co propósito de estudar a linguaxe de comunicación entre as persoas e as máquinas.