emanar

emanar

(< lat emanāre)

  1. v i

    Proceder ou ter unha cousa a súa orixe noutra. OBS: Úsase coa preposición de.

    Ex: Todos os seus problemas emanan dunha mala educación. O poder emana do pobo.

    Confrontacións: manar, provir.
  2. v i

    Desprenderse algo dun corpo, especialmente unha substancia volátil, un olor, unha radiación ou unha cousa inmaterial. OBS: Úsase coa preposición de.

    Ex: O olor que emanaba das flores era moi agradable. A sinceridade emanaba das súas palabras.

    Confrontacións: efluír.
  3. v t

    Desprender ou producir algo, especialmente unha substancia volátil, un olor, unha radiación ou unha cousa inmaterial.

    Ex: O xasmín emana un aroma moi agradable. O teu irmán emana simpatía.

    Confrontacións: exhalar.
Conxugar
VERBO emanar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emano
emanas
emana
emanamos
emanades
emanan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emanaba
emanabas
emanaba
emanabamos
emanabades
emanaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emanei
emanaches
emanou
emanamos
emanastes
emanaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emanara
emanaras
emanara
emanaramos
emanarades
emanaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emanarei
emanarás
emanará
emanaremos
emanaredes
emanarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emanaría
emanarías
emanaría
emanariamos
emanariades
emanarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emane
emanes
emane
emanemos
emanedes
emanen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emanase
emanases
emanase
emanasemos
emanasedes
emanasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emanar
emanares
emanar
emanarmos
emanardes
emanaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
emana
-
-
emanade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
emanar
emanares
emanar
emanarmos
emanardes
emanaren
Xerundio emanando
Participio emanado
emanada
emanados
emanadas