embrague
(
-
s
m
Acción de embragar.
-
[TECNOL]
-
s
m
Clase de encaixe temporal que permite asegurar o enlace ou a separación de dúas árbores ou dous órganos xiratorios coaxiais, para efectuar ou interromper a transmisión do movemento e do par de forzas do un ao outro. As finalidades do embrague son facilitar a condución do órgano conducido e o funcionamento do dispositivo motor, principalmente asegurando unha arrancada progresiva, cambiar o sentido de rotación e a velocidade do órgano conducido sen alterar os do motor, paralo sen necesidade de parar o motor, aforrar potencia nos períodos que non actúa e desconectalo cando as condicións de funcionamento non son axeitadas. Nos automóbiles, este mecanismo serve para facer que o cegoñal do motor se desencaixe da árbore primaria do cambio de marchas e para encaixar progresivamente estas dúas árbores cada vez que se cambia de marcha. Existen tres clases de embragues: o embrague de dentes, o de fricción e os especiais, como os centrífugos ou os hidráulicos. O embrague de dentes componse de dous manguitos que levan uns dentes nun dos seus lados; ao encaralos, os dentes engranan entre eles e prodúcese a condución. O embrague de frición utiliza a adherencia entre dúas ou máis superficies paralelas (cónicas ou planas) aplicadas unha contra a outra por efecto dunha forza exercida por un dispositivo mecánico, hidráulico ou electromagnético. Estes embragues teñen a vantaxe de seren progresivos e de esvararen cando o esforzo medra máis alá de certo límite. As superficies que rozan, xeralmente discos, son metálicas e están revestidas cun laminado de amianto ou algún tipo de sinterizado metálico. Poden ser de disco único ou de discos múltiples. O embrague de disco único, chamado tamén embrague de disco seco porque funciona sempre en ambientes sen aceite, comprende dous pratos condutores (prensa) que, a xeito de mordaza, oprimen entrambos o disco conducido por efecto duns resortes; cando se quere desembragar, hai que encher a prensa vencendo a forza das espirais. O tipo de embrague que se monta en case todos os automóbiles é o de prensa sobre o cegoñal e o disco sobre o eixe primario do cambio de marchas. No embrague de discos múltiples, que funciona xeralmente en presenza de aceite, os discos prénsanse mediante un ou máis émbolos, que se moven por forza hidráulica ou por un electroimán. No embrague hidráulico o enlace prodúcese mediante un fluído que circula entre os dous membros de tal xeito que ao aparecer unha diferencia de velocidade entre eles, o órgano condutor chamado bomba, que é unha roda de álabes semellante ao rodicio dunha bomba centrífuga, impulsa o fluído, xeralmente aceite, contido na caixa que inclúe os dous membros; isto, á súa vez, impulsa o órgano conducido, chamado turbina, que é tamén unha roda de álabes, que tende a reducir a diferenza de velocidades. Cando se aplica un par á árbore conducida, a árbore condutora transmítelle un par equivalente, pero a súa velocidade resulta inferior á desta. O embrague centrífugo consiste nunhas masas que, ao seren impulsadas polo órgano condutor, por efecto da forza centrífuga, son apretadas contra a superficie do órgano conducido e chegan a arrastralo mediante rozamento.
-
embrague automático
Mecanismo que nos automóbiles permite realizar automaticamente manobras de embrague e desembrague e que pasa a punto morto cando o motor xira ao ralentí.
-
s
m
-
s
m
Pedal ou panca que desembraga o motor ao accionarse un automóbil.
Ex: Solta o pé esquerdo suavemente do embrague e vai acelerando co dereito.