embriaguez

embriaguez

(

  1. s f

    Estado de quen ten as facultades perturbadas a causa dunha intoxicación etílica.

    Ex: A embriaguez levouno a cometer esa temeridade.

    Sinónimos: borracheira, ebriedade.
  2. s f

    Estado de quen está trastornado ou ofuscado por unha paixón ou unha emoción moi forte.

    Ex: Tantas emocións levárono a un estado de embriaguez que lle durou varios días.

  3. s f [DER]

    Estado de turbación provocado pola inxesta de alcohol. Pode ser unha causa eximente da responsabilidade criminal cando produza un trastorno mental transitorio, anule a propia vontade e sexa fortuíta, sen que exista unha intención deliberada de producila. Non obstante , cando se demostra que o estado de embriaguez é habitual no suxeito inculpado, desbótase a atenuación da responsabilidade.

Palabras veciñas

embriagador -ra | embriagante | embriagar | embriaguez | embridado -da | embridar | embrio-