embriófito -ta

embriófito -ta

(< embrio- + -fito)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos embriófitos.

  2. s m [PLANTA]

    Vexetal do grupo dos embriófitos.

  3. s m pl [PLANTA]

    Grupo de vexetais eucariotas e con cloroplastos adaptados á vida terrestre, cunha cutícula que reduce a evaporación, regulada a miúdo por estomas; logo da fecundación, a ovocélula e o espermatozoide dan lugar a un embrión. Para completar o ciclo vital presentan unha alternancia de xeracións entre o gametófito e o esporófito. Nos embriófitos pódense distinguir dous grupos, o grupo dos asifonógamos, de fecundación mediante espermatozoides móbiles que nadan libremente na auga, e que estaría formado por briófitos e pteridófitos, e o grupo dos sifonógamos, formado polos espermatófitos, nos que a fecundación ten lugar mediante un tubo polínico que dá lugar a un zigoto diploide que se desenvolve formando un embrión multicelular, soportado e alimentado pola planta nai. Os vexetais embriófitos constitúen, polo tanto, o reino planta.

Palabras veciñas

embridar | embrio- | embriocardia | embriófito -ta | embrióforo | embriólogo -ga | embrioloxía