embrión
(< gr ἕμβρυον ‘feto’, ‘acabado de nacer’, deβρύειν ‘xermolar’)
-
[BIOL]
-
s
m
Organismo vivo desde o estado de óvulo fecundado ou ben activado ata que o novo ser, nos organismos con desenvolvemento directo, manifesta xa a súa estrutura adulta, ou, nos organismos con desenvolvemento indirecto, é capaz de levar unha vida independente, aínda que sexa baixo o aspecto de larva. Todas as transformacións que teñen lugar durante este período realízanse nos animais ovíparos baixo cubertas protectoras e nos animais vivíparos no interior do aparello reprodutor feminino. No caso dos humanos, a partir do terceiro mes de xestación recibe o nome de feto.
-
embrión hexacanto
oncosfera.
-
s
m
-
s
m
[BOT]
Esporófito das plantas superiores na primeira fase de crecemento, antes da xerminación. Fórmase por división do cigoto producido pola unión da ovocélula do saco embrionario cun núcleo espermático do tubo polínico. Os tegumentos do primordio seminal transfórmanse no episperma, que envolve e protexe o embrión e que vai acompañado a miúdo de endosperma. O embrión, unha vez formado totalmente na semente, entra xeralmente nun período de letarxia, que acaba cando xermina a semente. Un embrión de anxiosperma desenvolvido comprende a radícula, un ou dous cotiledóns, o hipocótilo, o epicótilo e a plúmula.
-
s
m
Comezo ou fase inicial de desenvolvemento dalgunha cousa.
Ex: Temos o embrión do proxecto de rehabilitación da casa.