empanada

empanada

(

s f [ALIM]

Especialidade culinaria galega que se elabora introducindo un recheo feito con cebola, pemento, aceite, azafrán ou pemento en po, en masa de pan ou de follado, que se cociña despois no forno. A masa pode ser de fariña milla, de centeo ou de trigo (ou combinacións das tres), e pode facerse con caldo en lugar de auga. Existen gran cantidade de variedades, como as de carne, zamburiñas, bonito, congro, xoubas, raia, polbo, bacallao, etc. A parte superior adoita adornarse con motivos feitos coa mesma masa. Na vila de Cedeira elaboran dúas variantes que presentan certas particularidades. Unha é a empanada aberta de raia, que ten forma oval, os bordos anchos e non ten cuberta superior. Elabórase principalmente con raia, aínda que admite outros ingredientes. Outra das variedades é o pastelón que presenta unha masa moi compacta que se elabora con fariña, aceite e viño branco. Tamén se fan empanadas en Asturias e na comarca do Bierzo, onde se lles bota pemento. Existe nas Illes Balears unha empanada tradicional de carne de año e en Murcia unha de bonito. En moitas cociñas populares existen preparacións semellantes, como os pasteis de carne de diversos países.

Palabras veciñas

empalme | empalomadura | empalomar | empanada | Empanada | empanadeira | empanadilla