empaquetado -da

empaquetado -da

(< empaquetar)

  1. p reg

    de empaquetar.

  2. s m

    Operación de empaquetar.

    Confrontacións: embalaxe.
  3. s m [FÍS]

    Estrutura cristalina simple na que todas as partículas son iguais e se unen entre elas sen enlaces dirixidos. Presentan esta estrutura moitos elementos, principalmente metais e certos compostos intermetálicos. Cando todos os átomos son de igual dimensión, de acordo co principio espacial, tenden a ocupar o mínimo espazo e forman o empaquetado denso. Considerando un único plano, os átomos dispóñense tanxencialmente uns con outros e, para que ocupen o espazo mínimo, cada átomo rodéase doutros seis. Se se forma un segundo piso, os átomos colócanse de maneira que, mentres conservan no seu nivel a disposición anterior, sexan tanxentes a tres átomos do novo piso. Se se forma un terceiro piso, os átomos pódense colocar sobre os do primeiro piso (empaquetado hexagonal) ou non (empaquetado cúbico).

  4. s m [ARTE]

    Técnica artística popularizada dende 1958 por Khristo Javačev que consiste en empaquetar obxectos e, mesmo edificios e paisaxes. A obra resultante é de carácter efémero e dela só quedan imaxes fotográficas e fílmicas.

  5. s m [COMUN]

    Técnica de transmisión de datos por redes telemáticas que consiste en dividir unha mensaxe en pequenos segmentos ou paquetes (unidade de datos duns 8.000 bits) antes da transmisión. Inicialmente concibida só para transmitir datos, utilízase tamén para transmitir voces codificadas en forma dixital. A estrutura lóxica dos paquetes non lle afecta á estrutura da mensaxe transmitida.

Palabras veciñas

empapelador -ra | empapelar | empapuzar | empaquetado -da | empaquetador -ra | empaquetadora | empaquetar