empenaxe

empenaxe

(< fr empennage)

s f [AERON]

Cada unha das superficies de control e estabilización dunha aeronave agrupadas no extremo posterior da cola. O conxunto das empenaxes coñécese como grupo de cola ou, simplemente, empenaxe. Comprende os estabilizadores, que son as superficies horizontais nas que vai montado o temón de profundidade e a deriva, que é a superficie vertical na que vai montado o temón de dirección.

Palabras veciñas

empenar | empeñar | empeñar | empenaxe | empencha | empeño | empeoramento